Datos personales

Mi foto
Equipo de normalización e dinamización lingüística do colexio Bouza Brey

Curso 2010-11

Aquí tedes todo o que fixemos durante este ano, espero que fose do voso agrado e que fose divertido ademais de interesante e educativo.





Moitas grazas pola vosa colaboración pois sen vós non podería existir





UNHA APERTA, BOUZA BREY

miércoles, 27 de julio de 2011

Obradoiro de Maios

Os alumnos do primeiro ciclo de primaria participaron nun obradoiro de maios tradicionais, ensináronlles a elaborar un maio e a cantar as súas cantigas. Déixovos aquí algunhas fotos.






Posted by Picasa

Libro de regueifas

Despois do éxito do festival de Valadares de regueifeiros,  os nosos alumnos decidiron facer unhas cantigas a modo de regueifas para os seus compañeiros do colexio e cantaron as súas coplas durante a Semana das Letras. Aquí tedes algunhas delas para que as vexades e despois déixovos un video da súa actuación no colexio.


A min chámanme Albiña
vin convidada por Cris
se non consigo nadiña
marchareime do país.


Ola eu chámome Laura
e veño dende segundo
eu veño con esta loira
non é nada doutro mundo.


Esta clase éche boa
eiquí haiche moitos mozos
se queren saír contigo
estes sonche moi fermosos.


Eiquí haiche un gran mozo
este está namoradiño
dunha moza de segundo
di que é o seu mociño.


Estouche vendo unha moza
esta é igual ca ti
tamén chamase Aroa
estante todos por ti.


Espero que vos gustara
isto das regueifiñas
deséxovos boa sorte
para semana das letriñas.


A min chámanme Aroa
teño eiquí unha amiguiña
e veño eiquí para ensinarvos
o arte da regueifiña.


Non che son nada fermosos
haichenos de moitos tipos
hai alguns algo gordiños
e outros algo delgadiños.


Eu coñézoche outro mozo
ten os ollos moi bonitos
e estache namorado
dunha moza do equipo.


Xa nos vamos despendindo
temos que volver para clase
aguantar á profesora


Eu teño este gran moño
vale moito máis ca ti
se ti queres comprobalo
vaite fóra do país.


E ti falas do meu pelo
xa que ten moito encanto
cando queirass este moño
xa non dará mais o canto.


Eu non vou irme daquí
estou aquí moi a gusto
se ti queres vaite xa
non me vas dar un desgusto.


Ti creste a gran ama
entón eu son unha Deusa
porque eu son a mellor
e ademais moi fermosa.






E a min chámanme Marta
e vou falar de Albiña
que parece que no pelo
ten unha pequena piña


Ireime fóra daquí
cando as ras crien pelo
eiso poderá pasar
cando ti teñas cabelo.


Xa veremos se o Fago
dentro de moito tempo
pero agora marcharemos
se non cáenos o pelo.


Eu xa voume ir daquí
así ti non vas facer nada
porque eu si son a festa
e ademais a gran ama.


Ti si que es a Deusa
máis iso non é verdade
eu xa son mellor ca ti
e iso a xente o sabe.

Eu chamome María
Non sabía facer nada
E agora si que o sei
Son raiña das regueifadas
Eu chamome Antonio
E estou moi contento
De estar en segundo
E de estar neste evento



A min chámanme Nerea                                 
Son de segundo da Eso
Eu estou moi delgadiña
Xa non podo perder peso
  
Eu chámome Iagiño
Estudo no Bouza Brey
Pero nisto das regueifas
Dígovos que son o rei.

Moi bo dia  amiguiños
eu chámome Adrián,
a miña compañeira e Sara
e nos vimos a rimar

Somos de 2º da ESO
aquí vimos a cantar
a min chámanme Sariña
como xa o dixo Adrián.

Ai Sariña , ai Sariña
xa te podes  apartar
que ti non sabes facer nada
que eu son un profesional

Ai Viliñas,  ai viliñas
que me vas a contar a min
eu son a mellor de todas
e canto mellor ca ti.      


Ti dis que es a mellor
mais ti non vales para nada
eu son o mellor de todos
son o rei da regueifada.

Main non te poñas así
Mais eu son a mellor
Fago mellares regueifas
E ademais cantas peor.

Ti dios que cantas mellor
mais iso non e verdade
se nota que estas nerviosa
e semellas un tomate.

Foi falar o indicado
que me estas dicindo a min
que de cor non digas nada
que se che vale a ti.











jueves, 21 de julio de 2011

chistes galegos

      
Durante este curso os alumnos de primeiro da ESO inventaron e buscaron chistes e  realizaron un Libro de chistes  sobre distintos animais da fauna galega. Déixovolos aquí para que os vexades.


miércoles, 6 de julio de 2011

Novas curso 2011-2012

NOVAS DE ÚLTIMA HORA

Valentín Paz Andrade nas Letras Galegas 2012

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).
Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista, participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Era director do xornal Galicia en 1926 cando foi cerrado pola ditadura de Primo de Rivera. Presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, colaborador da redacción do anteproxecto de Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.

Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas ocasións.

As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Noche, onde aparecían asinadas cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Desde 1945 xuntábase no café Alameda, de Vigo, con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego, os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros, para falaren e debateren.

Os seus escritos literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo progreso e o avance de Galicia, Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán 1967),  La marginacíón de Galicia (1970), Castelao na luz e na sombra (1982), Galiza lavra a sua imagem (1985).

Da súa faceta poética temos achegas como, Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978, cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.
Máis información en:

miércoles, 13 de abril de 2011

Cine en galego

Como todos os anos os alumnos/as do Bouza Brey asistimos ao cine e vimos varios filmes en galego :  

Trece badaladas cos actores Diego Boto e Luís Tosar
Sei quen es  cos actores Luis Tosar, Manuel Manquiña e Ana Fernández

martes, 12 de abril de 2011

Novas curso 2010-11

Este ano celébrase o centenario do nacemento de Alvaro Cunqueiro. O escritor de Mondoñedo creador de Merlín e familia, Historias do Sochantre , que posúe un universo propio e fantástico vai ser homenaxeado no NOSO CENTRO ESCOLAR.
Se queredes saber máis podedes dirixirvos a
http://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/biografias/damasco_alvaro_cunqueiro_1.htm


http://t1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQiWmJcH4qagpJvYk3jq8kLhTVgen_VXIAEn7SFK3RpsOxrqZmovxSsiGU
Alvaro Cunqueiro

lunes, 11 de abril de 2011

Exposición : MULLERES GALEGAS CON HISTORIA

Este ano os alumnos/as de 3º da ESO van elaborar unha exposición sobre distintas mulleres que tiveron un papel importante na historia : Concepción Arenal, Enriqueta Otero, María Soliña, Carolina Otero e Maria Pita.
Todas elas teñen historias interesantes e os nosos alumnos coñeceron as súas aventuras grazas ao traballo fotográfico e biográfico dos seus compañeiros.

domingo, 3 de abril de 2011

REGUEIFADAS

Este ano o noso colexio participou por primeira vez no CERTAME DE REGUEIFAS organizado en Valadares. Fomos todos os alumnos do primeiro ciclo da ESO para animar aos nosos representantes: Yago F. Lorenzo, Iago F. Rodríguez, David Pereira, Adrián Vilas, Antonio Mariño e Marcos Lorenzo. Tres deles chegaron á final e fixéronno moi ben. Se queredes velos clicade aquí



Os nosos regueifeiros
   http://www.google.com/url?sa=t&source=web&cd=1&ved=0CBkQFjAA&url=http%3A%2F%2Feventosbouzabrey.blogspot.com%2F&rct=j&q=eventos%20bouza%20brey&ei=TsOYTaeCGo2YhQf1i732CA&usg=AFQjCNE5el-XU6DH5qCEm6FtaFew2zW8Ww&sig2=MxCAiTy7igLQ3kwFDf5bRA&cad=rja

viernes, 11 de marzo de 2011

ENLACES INTERESANTES

Enlaces e blogs interesantes

recursospdi.blogspot.com
recursospdi.wordpress.com
educarioja.org
limiargalego.blogspot.com
ite.educación.es
xunta.digalego.com

martes, 1 de febrero de 2011

Galegando

Eu tamén falo galego. Vede este vídeo de Xulia e deixade os vosos comentarios.


Astarot: grupo musical que pon música a moitos poemas de escritores galegos clásicos e contemporáneos com este de María Soliño. Vede este video e deixade os vosos comentarios

sábado, 29 de enero de 2011

O recuncho dos libros

Aquí están os nosos libros preferidos, aqueles que nos fan soñar, rir e chorar. Fixemos unha selección apropiada para os distintos cursos e idades

Desexo que vos gusten ¡
  • Amigos en tempo real             1º da Eso               
  • Rebeldes                                3º da Eso            
  • Conta saldada                        2º da Eso              
  • Alexandra                              2º da Eso               
  • Cabeza de Medusa                4º da Eso  de Marilar Aleixandre          
  • Rúa Carbón                           4º da Eso               
  • Corredores de Sombras         4º da Eso  de Agustín Fernández Paz    
  • Prohibido casar papá             1º da Eso de Fina Casalderrey              
  • A pomba e o degolado          4º da Eso   de Fina Casalderrey            
  • A voz do lago                        1º da Eso
  • Cartas de inverno                  2º da Eso  de Agustín Fernández Paz  
  • O segredo de Marco Polo     3º da Eso de Francisco Castro
  • O xardín das pedras flotantes 4º da Eso de Manuel Lourenzo
  • O contador de estrelas     3º da Eso de Santiago Jaureguizar    
Este ano recibimos a visita de Fina Casalderrey e Francisco Castro cos que os nosos alumnos estiveron charlando.  
FINA CASALDERREY

Naceu en Xeve, Pontevedra. Aos 19 anos exerce de mestra.
Escritora e mestra española, Fina Casalderey é conocida polo seu labor dentro da literatura infantil e xuvenil, con varios libros publicados e tamén con pezas teatrais.
Casalderey recibiu o premio Edebé e o premio nacional de literatura infantil e xuvenil gracias a súa novela El estanque de los patos pobres. Xunto con Mariano García publicou O Libro da Empanada. Colabora coa prensa, revistas e tamén en eventos literarios. Unha das súas inquietudes é o estudo etnográfico.
No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas do Estado, tamén ó Portugués.
A min gustoume moito e foi a mellor que visitou o colexio xa que non só falou  do seu libro. Tamén contou parte da súa vida e unha historia dun libro, moi triste que emocionounos a todos, ata a profesora. Foi moi divertida xa que nos gastou bromas. Estivo moito tempo case 2 horas pero a min parecéronme 5 minutos.
Creo que nunca volverá a visitarnos unha escritora tan boa e simpática.
Algunha obras súas son:
Contos dende a Arquitectura  


Lois Pereiro Biografía

Este ano adícaselle o Día das Letras galegas ao poeta Lois Pereiro




 Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos.
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva

Déixovos o enlace á súa páxina oficial para que vaiades familiarizándovos co poeta de Monforte



Os alumnos de 4º da ESO fixeron un traballo moi interesante sobre Lois pereiro e despois realizaron unha exposición adaptada aos distintos cursos de infantil, primaria e 1º ciclo de secundaria. Déixovos unhas fotos para que vexades o seu traballo.















martes, 18 de enero de 2011

Nova semana das Letras Galegas 2011

O colexio Bouza Brey vai celebrar un ano máis á Semana das Letras galegas con numerosos concursos, obradoiros, charlas, contacontos e animacións á lectura      http://www.%20letrasbouzabrey.blogspot.com/

Os alumnos de 1º da ESO      Libro de chistes.
Os alumnos de 2º da ESO      Libro de regueifas
Os alumnos de 3º da ESO      Exposición Mulleres galegas na historia
Os alumnos de 4º da ESO      Exposición Lois Pereiro