Datos personales

Mi foto
Equipo de normalización e dinamización lingüística do colexio Bouza Brey

Curso 2010-11

Aquí tedes todo o que fixemos durante este ano, espero que fose do voso agrado e que fose divertido ademais de interesante e educativo.





Moitas grazas pola vosa colaboración pois sen vós non podería existir





UNHA APERTA, BOUZA BREY

miércoles, 13 de abril de 2011

Cine en galego

Como todos os anos os alumnos/as do Bouza Brey asistimos ao cine e vimos varios filmes en galego :  

Trece badaladas cos actores Diego Boto e Luís Tosar
Sei quen es  cos actores Luis Tosar, Manuel Manquiña e Ana Fernández

martes, 12 de abril de 2011

Novas curso 2010-11

Este ano celébrase o centenario do nacemento de Alvaro Cunqueiro. O escritor de Mondoñedo creador de Merlín e familia, Historias do Sochantre , que posúe un universo propio e fantástico vai ser homenaxeado no NOSO CENTRO ESCOLAR.
Se queredes saber máis podedes dirixirvos a
http://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/biografias/damasco_alvaro_cunqueiro_1.htm


http://t1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQiWmJcH4qagpJvYk3jq8kLhTVgen_VXIAEn7SFK3RpsOxrqZmovxSsiGU
Alvaro Cunqueiro

lunes, 11 de abril de 2011

Exposición : MULLERES GALEGAS CON HISTORIA

Este ano os alumnos/as de 3º da ESO van elaborar unha exposición sobre distintas mulleres que tiveron un papel importante na historia : Concepción Arenal, Enriqueta Otero, María Soliña, Carolina Otero e Maria Pita.
Todas elas teñen historias interesantes e os nosos alumnos coñeceron as súas aventuras grazas ao traballo fotográfico e biográfico dos seus compañeiros.

domingo, 3 de abril de 2011

REGUEIFADAS

Este ano o noso colexio participou por primeira vez no CERTAME DE REGUEIFAS organizado en Valadares. Fomos todos os alumnos do primeiro ciclo da ESO para animar aos nosos representantes: Yago F. Lorenzo, Iago F. Rodríguez, David Pereira, Adrián Vilas, Antonio Mariño e Marcos Lorenzo. Tres deles chegaron á final e fixéronno moi ben. Se queredes velos clicade aquí



Os nosos regueifeiros
   http://www.google.com/url?sa=t&source=web&cd=1&ved=0CBkQFjAA&url=http%3A%2F%2Feventosbouzabrey.blogspot.com%2F&rct=j&q=eventos%20bouza%20brey&ei=TsOYTaeCGo2YhQf1i732CA&usg=AFQjCNE5el-XU6DH5qCEm6FtaFew2zW8Ww&sig2=MxCAiTy7igLQ3kwFDf5bRA&cad=rja