Datos personales

Mi foto
Equipo de normalización e dinamización lingüística do colexio Bouza Brey

Curso 2010-11

Aquí tedes todo o que fixemos durante este ano, espero que fose do voso agrado e que fose divertido ademais de interesante e educativo.





Moitas grazas pola vosa colaboración pois sen vós non podería existir





UNHA APERTA, BOUZA BREY

miércoles, 27 de julio de 2011

Libro de regueifas

Despois do éxito do festival de Valadares de regueifeiros,  os nosos alumnos decidiron facer unhas cantigas a modo de regueifas para os seus compañeiros do colexio e cantaron as súas coplas durante a Semana das Letras. Aquí tedes algunhas delas para que as vexades e despois déixovos un video da súa actuación no colexio.


A min chámanme Albiña
vin convidada por Cris
se non consigo nadiña
marchareime do país.


Ola eu chámome Laura
e veño dende segundo
eu veño con esta loira
non é nada doutro mundo.


Esta clase éche boa
eiquí haiche moitos mozos
se queren saír contigo
estes sonche moi fermosos.


Eiquí haiche un gran mozo
este está namoradiño
dunha moza de segundo
di que é o seu mociño.


Estouche vendo unha moza
esta é igual ca ti
tamén chamase Aroa
estante todos por ti.


Espero que vos gustara
isto das regueifiñas
deséxovos boa sorte
para semana das letriñas.


A min chámanme Aroa
teño eiquí unha amiguiña
e veño eiquí para ensinarvos
o arte da regueifiña.


Non che son nada fermosos
haichenos de moitos tipos
hai alguns algo gordiños
e outros algo delgadiños.


Eu coñézoche outro mozo
ten os ollos moi bonitos
e estache namorado
dunha moza do equipo.


Xa nos vamos despendindo
temos que volver para clase
aguantar á profesora


Eu teño este gran moño
vale moito máis ca ti
se ti queres comprobalo
vaite fóra do país.


E ti falas do meu pelo
xa que ten moito encanto
cando queirass este moño
xa non dará mais o canto.


Eu non vou irme daquí
estou aquí moi a gusto
se ti queres vaite xa
non me vas dar un desgusto.


Ti creste a gran ama
entón eu son unha Deusa
porque eu son a mellor
e ademais moi fermosa.






E a min chámanme Marta
e vou falar de Albiña
que parece que no pelo
ten unha pequena piña


Ireime fóra daquí
cando as ras crien pelo
eiso poderá pasar
cando ti teñas cabelo.


Xa veremos se o Fago
dentro de moito tempo
pero agora marcharemos
se non cáenos o pelo.


Eu xa voume ir daquí
así ti non vas facer nada
porque eu si son a festa
e ademais a gran ama.


Ti si que es a Deusa
máis iso non é verdade
eu xa son mellor ca ti
e iso a xente o sabe.

Eu chamome María
Non sabía facer nada
E agora si que o sei
Son raiña das regueifadas
Eu chamome Antonio
E estou moi contento
De estar en segundo
E de estar neste evento



A min chámanme Nerea                                 
Son de segundo da Eso
Eu estou moi delgadiña
Xa non podo perder peso
  
Eu chámome Iagiño
Estudo no Bouza Brey
Pero nisto das regueifas
Dígovos que son o rei.

Moi bo dia  amiguiños
eu chámome Adrián,
a miña compañeira e Sara
e nos vimos a rimar

Somos de 2º da ESO
aquí vimos a cantar
a min chámanme Sariña
como xa o dixo Adrián.

Ai Sariña , ai Sariña
xa te podes  apartar
que ti non sabes facer nada
que eu son un profesional

Ai Viliñas,  ai viliñas
que me vas a contar a min
eu son a mellor de todas
e canto mellor ca ti.      


Ti dis que es a mellor
mais ti non vales para nada
eu son o mellor de todos
son o rei da regueifada.

Main non te poñas así
Mais eu son a mellor
Fago mellares regueifas
E ademais cantas peor.

Ti dios que cantas mellor
mais iso non e verdade
se nota que estas nerviosa
e semellas un tomate.

Foi falar o indicado
que me estas dicindo a min
que de cor non digas nada
que se che vale a ti.











No hay comentarios: