Datos personales

Mi foto
Equipo de normalización e dinamización lingüística do colexio Bouza Brey

Curso 2010-11

Aquí tedes todo o que fixemos durante este ano, espero que fose do voso agrado e que fose divertido ademais de interesante e educativo.





Moitas grazas pola vosa colaboración pois sen vós non podería existir





UNHA APERTA, BOUZA BREY

sábado, 29 de enero de 2011

O recuncho dos libros

Aquí están os nosos libros preferidos, aqueles que nos fan soñar, rir e chorar. Fixemos unha selección apropiada para os distintos cursos e idades

Desexo que vos gusten ¡
  • Amigos en tempo real             1º da Eso               
  • Rebeldes                                3º da Eso            
  • Conta saldada                        2º da Eso              
  • Alexandra                              2º da Eso               
  • Cabeza de Medusa                4º da Eso  de Marilar Aleixandre          
  • Rúa Carbón                           4º da Eso               
  • Corredores de Sombras         4º da Eso  de Agustín Fernández Paz    
  • Prohibido casar papá             1º da Eso de Fina Casalderrey              
  • A pomba e o degolado          4º da Eso   de Fina Casalderrey            
  • A voz do lago                        1º da Eso
  • Cartas de inverno                  2º da Eso  de Agustín Fernández Paz  
  • O segredo de Marco Polo     3º da Eso de Francisco Castro
  • O xardín das pedras flotantes 4º da Eso de Manuel Lourenzo
  • O contador de estrelas     3º da Eso de Santiago Jaureguizar    
Este ano recibimos a visita de Fina Casalderrey e Francisco Castro cos que os nosos alumnos estiveron charlando.  
FINA CASALDERREY

Naceu en Xeve, Pontevedra. Aos 19 anos exerce de mestra.
Escritora e mestra española, Fina Casalderey é conocida polo seu labor dentro da literatura infantil e xuvenil, con varios libros publicados e tamén con pezas teatrais.
Casalderey recibiu o premio Edebé e o premio nacional de literatura infantil e xuvenil gracias a súa novela El estanque de los patos pobres. Xunto con Mariano García publicou O Libro da Empanada. Colabora coa prensa, revistas e tamén en eventos literarios. Unha das súas inquietudes é o estudo etnográfico.
No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas do Estado, tamén ó Portugués.
A min gustoume moito e foi a mellor que visitou o colexio xa que non só falou  do seu libro. Tamén contou parte da súa vida e unha historia dun libro, moi triste que emocionounos a todos, ata a profesora. Foi moi divertida xa que nos gastou bromas. Estivo moito tempo case 2 horas pero a min parecéronme 5 minutos.
Creo que nunca volverá a visitarnos unha escritora tan boa e simpática.
Algunha obras súas son:
Contos dende a Arquitectura  


No hay comentarios: